Sunday 28 de April de 2024

Medio cento de nenos e nenas participaron nos obradoiros gratuítos de máscaras e de disfraces do Concello de Frades


Medio cento de nenos e nenas, moitos deles acompañados dos seus pais e nais, participaron na tarde de onte luns nos obradoiros gratuítos de máscaras e de disfraces organizados polo Concello de Frades. Unha actividade levada a cabo por Vagalume Ocio e Tempo Libre e que contou coa inestimable colaboración da ANPA O Fopo do CPI Ponte Carreira, que se encargou de achegar unha merenda de Entroido con chocolate para todos os presentes.

Entre as catro e as sete da tarde, o edificio multiúsos de Cimadevila quedou pequeno para acoller esta Festa de Entroido con obradoiros, música e xogos para os nenos e nenas, que asistiron disfrazados, gozaron dunha merenda de Entroido e levaron unhas lambonadas para comer na casa. A festa contou coa presenza do alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez.